Vilalba de Lugo

(Marino Gómez-Santos, TRIBUNA MÉDICA, 13-1-1978)

Durante algúns séculos a ruinosa torre dos Andrade ofreceu na panorámica desta vila o aspecto dunha estampa romántica. En torno a ela discorreu a vida vilalbesa, allea ó protagonismo que o baluarte tivera na antigüidade. Só algúns eruditos alcanzaban a supoñer, máis por tradicións que por documentos, a orixe da fortaleza que xa existía no século XI, a xulgar por unha inscrición do ano 1017. Outros dátana no século XIII, construída por un tal Rodrigo Sánchez, do que apenas se sabe nada.

Mais modernas investigacións  dan por certo que no século XII a vila inclúese no señorío de Don Fernando Ruiz de Castro, señor de Lemos e posteriormente o castelo é doado ó infante don Felipe polo rei don Sancho IV el Bravo e pola súa esposa dona María de Molina, ó mesmo tempo que as terras de Montenegro. Non obstante, o feudo da fortaleza continuaba en poder do señor de Lemos.

Diocese de Mondoñedo, capital comercial da Terra Cha, a vila figura en documentos medievais como “Villa Alba” ou “Villa Álvaro”, denominándose tamén por longo tempo Santa María de Montenegro, e a partir do século XIV, Villalba de Montenegro.

Unha crónica de Fernando IV, no ano 1304, alude á vila fortificada que pasou a pertencer ó dominio dos Andrade, por doazón real, a don Fernán Pérez de Andrade, “O Boo” (o bo), o cal mandou poñer baixo as ameas que sosteñen fortes modillóns, o brasón dos Andrade: un xabaril céltico tallado en dura pedra.

Baixo este señorío a vila goza de prosperidade e bonanza. Cesan as loitas e medra o benestar material, chegándose a gozar do privilexio de acuñar moedas de coiro. No seu afán fundacional, Pérez de Andrade funda sete hospitais, sete mosteiros e sete pontes na comarca vilalbesa.

Refire a tradición que este período de realizacións alcanzou ata a morte de don Fernán, a quen se recordaría como home bo, en contraposición co seu fillo don Nuño Freyre y Andrade, que o sucedeu en mala hora, espertando discordias que motivaron a sublevación da vila e a ruína do castelo.

Xa en tempos dos Reis Católicos, esta familia participa na política nacional e a don Diego de Andrade se lle concede o título de Conde de Andrade. O segundo conde, don Fernando, participa na batalla de Seminara, cando á morte de don Luis Portocarrero, señor de palma, recibe o mando en Reggio. Aumenta os seus efectivos e entra en fogo con 4.000 infantes elixidos dos terzos e 800 xinetes, conseguindo render ó inimigo en Antigola. Deste xeito quedan os españois donos de Calabria e o Gran Capitán de todo o reino napolitano. Por esta acción recibiría don Fernando de Andrade o título de Conde de Villalba. Enlaces matrimoniais posteriores entroncan aos Andrade coa Casa de Lemos, a quen pertence o castelo de Vilalba ata o século XIX. Cando os señoríos foron abolidos polas Cortes de Cádiz en virtude do decreto do 6 de agosto de 1811, que incorpora á nación todos os señoríos xurisdicionais, o condado de Vilalba quedou incorporado á Casa de Alba.

Esta fortaleza medieval érguese no centro da vila, no núcleo máis antigo, cinguindo a praza de Santa María, onde tradicionalmente se celebra o mercado, famoso na comarca e fora de ela.

Aquí achará os viaxeiro as zocas galegas de madeira de álamo e os nomeados queixos de San Simón, elaborados de forma cónica. Pero o renome do mercado de Vilalba non se debe a ningún destes dous artigos, senón á grande feira dos capóns que se celebra o 19 de decembro, precisamente á sombra da torre dos Andrade (na actualidade, o 21 de decembro, e non en dito lugar).

Compradores madrileños, barceloneses, valencianos e doutros distantes puntos de la xeografía nacional chegan ese día a Vilalba para realizar as súas transaccións.

Que particularidade presentan os capóns da comarca vilalbesa para ser cobizados a escala nacional?. Doutores ten a materia e ningún de maior autoridade que Álvaro Cunqueiro, quen nos revela o segredo: “Criados en parroquias vecinas y en otras de la Terrachá y de la sierra de la Corda, cebados con harina de centeno o de maiz y migado de castañas, adormecidos en las “capoeiras” de mimbre de las cocinas aldeanas con una copita de vino dulce, muertos en las vísperas de la feria y desplumados, los capones de dorado color llenan la plaza de Santa María por cientos de pares, exhibidos en cestas, sobre blancos manteles”.

Ten a torre dos Andrade unha altura de corenta metros, desde onde se divisa toda a comarca, que é belísima pola variedade da súa paisaxe matizada en verdes húmidos e cunha grande riqueza forestal e fluvial.

Rescatada do seu abandono a fortaleza, construíuse nela un parador nacional de turismo que leva o nome de “Condes de Villalba”. Para iso derrubáronse pequenas edificacións adosadas á mesma, tratando de que non restase valor á torre. A entrada principal realízase mediante unha ponte levadiza que lle da a imaxe medieval que tivo noutro tempo.

FERIA 2010

  • PC217920.jpg - By: admin