O Presidente

 

 

Domingo Goás Chao naceu en Vilalba (Lugo) en 1935.

 

Realizou os estudios primarios en Vilalba e o bacharelato en Vigo, no colexio dos Xesuitas. Estudiou Dereito na Universidade Complutense de Madrid, e especializouse en Dereito Urbanístico.

 

Foi Asesor da Dirección General de Promoción del Turismo no Ministerio de Información y Turismo, asesor da Comisión Central de Saneamiento do Ministerio de la Gobernación, colaborador de Tecniberia, S.A. no planeamento de Sudesul en Brasil, asesor do Ministerio de Información en Venezuela, e Director do Departamento inmobiliario da Unión Resinera Española, S.A. Así mesmo, asesorou a diversas empresas inmobiliarias, construtoras e turísticas, así como a institucións e entidades relixiosas e administrativas.

 

Na actualidade ten despacho aberto en Madrid - GOAS &RICO ABOGADOS- na rúa Alberto Aguilera, 16-4º- esq., con 5 colaboradores e dedicación a temas civís, mercantís, administrativos, urbanísticos e inmobiliarios.

 

Interveu profesionalmente nuns 200 Plans de Ordenación Urbana, tanto xerais como parciais, turísticos, especiais, Peris e proxectos de compensación. Foi vocal da primeira Asamblea hispano-luso-americana de Turismo, e da primeira Asamblea Nacional de Turismo. Foi ponente da Asociación Turística de Estaciones de Montaña en Xornadas Municipais de Urbanismo e pronunciou diversas conferencias, con entrevistas e actuacións en prensa, radio e televisión sobre urbanismo e dereitos humanos.

Foi o primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo diante da Comisión Europea de Dereitos Humanos. Foi pregoeiro das Festas de San Ramón e Santa María en Vilalba en 1989. Recentemente interveu como ponente na revista oral “Ronda” da Asociación de Amigos da Muralla de Lugo co tema “A muralla vista con ollos de neno e con ollos de urbanista”.

 

É presidente do Consello de Administración de Interdix Galicia, S.L., promotora da plataforma en Internet www.galiciadigital.com, con vintecatro portais dedicados ós máis diversos aspectos de Galicia.

 

No seu afan de difundir un dos productos máis característicos da súa Vilalba natal, constituiu e preside a “Cofradía del capón villalbés”, que organiza en diversas cidades galegas e do resto de España degustacións de capón vilalbés, conseguindo que os máis prestixiosos cociñeiros preparan este manxar das máis diversas e creativas formas.

 

Estas degustacións, ás que son invitadas personalidades da política, as letras, a empresa e a cultura, son financiadas por este avogado empeñado en que o capón de Vilalba sexa recoñecido en toda España como o mellor e máis xenuino manxar para as mellores mesas en calquera momento do ano.

 

 

 

FERIA 2010

  • PC217917.jpg - By: admin