O capón na historia

Pode parecernos moderno manxar, pero xa os gourmets romanos convertían os galos en capóns.

Na corte de Nápoles comíase capón, e vínculo ten co poder cando Sancho o menciona como menú de Gobernador: “E así, sustentareime Sancho a secas, con pan e cebola, como gobernador con perdices e capóns”.

Con el (moeda, ó fin) os devanceiros pagaban contribucións. Conta Mato Vizoso que os veciños de San Martiño de Fraga en Cabreiros tiñan que pagar ó Mosteiro de Lourenzá a cuarta parte dos froitos que recollían, e polo Nadal catro capón cebados cada un.

Cada veciño do Coto de Cospeito tiña que pagar a María de Bolaño, polo Nadal, seis capóns cebados. Mesmo despois da execución de Pardo de Cela, os conxurados quedaron coa obriga de pagar á familia un par de capóns de renda.

“Capón de oito meses, comida de reis”, di o refrán. E precisamente oito meses teñen os capóns que na Feira de Vilalba se venden. E o seu sabor, ese que todos buscamos, algo especial terá cando o Arcipreste de Hita fala del no Libro del Buen Amor.

Ó capón respáldao a historia, a gastronomía, a literatura... E na actualidade a economía, a sociedade, e o pobo de Vilalba. Na percura do sabor ten, temos, gañada a batalla.

FERIA 2010

  • PC217906.jpg - By: admin