O Capón de Maio

Ramón Pernas. La Voz de Galicia, 31/05/2009

 

Os galegos somos persoas extravagantes, caprichosas e un tanto sorprendentes cando, sucede con frecuencia, nos saímos do guión previsto. Reunímonos dúas ducias longas de paisanos e sen motivo aparente, dimos conta dun par de capóns de Vilalba de máis de cinco quilos cada peza. Sucedeu nun restaurante como diría Agustín Lara, postinero, de boa vecindade coa porta de Alcalá que facía defrontispicio.

Convocábanos un mecenas vilalbés que exerce a avogacía no foro desde hai máis de corenta anos e que oficia de sumo sacerdote, irmán maior, manillero áureo, gran preboste ou similar dunha autodenominada cofradía do capón de Vilalba, que mal que lle pese a Alfonso Ussía, que compartiu mesa, mantel, muslo e peituga, é máis famoso e saboroso que o seu homónimo de Cascajares, moi celebrado na capital do Reino.

Comer un capón en maio e en Madrid contraven todas as rancias tradicións, incluso as leis gravitatorias e a teoría da relatividade, e non digo nada do terceiro principio da termodinámica. Faría, iso sí, as delicias do meu maestro Cunqueiro, que se fose o anfitrión narraría a Néstor Luján e a Juan Perucho as conveniencias de degustar tan magnífica xoia da volatería autóctona.

Relataría don Álvaro que os exemplares que trinchaba o maitre foran criadas entre as néboas do lagoa de Cospeito dentro dunha caixa de madeira de caoba que trouxo de Cuba un indiano, e engadiría que a parella de polos procedían dunha pita que puña todos os ovos de dúas xemas, eran polo tanto xemelgos. Por suposto ámbolos dous tiñan nome, digamos que Cástor e Pólux, y que foron criados con albóndigas especiadas con froitos de Alexandría que se amasaban con Calvados e Kummel de Riga, responsables dese sabor a saudade que se queda toda a tarde enredado como un alalá que se desfai na boca boca como una claudia xaponesa.

O certo é que a velada foi pasando entre anécdotas xurídicas, alusións reiteradas a Rouco e a Fraga e ó insólito de estar celebrando o nadal na segunda quincena de maio xentes sen demasiada relación entre sí presididas polo anfitrión que regresaba do Renacemento baixo a aguda e sabia mirada de Antonio Mingote.

Cóntoo tal como sucedeu, e aproveito para determe nun oasis dentro do desierto de areas políticas que nos acosa e envilece. Así foi. Solo nos faltou cantar panxoliñas.

 

FERIA 2010

  • PC190719.jpg - By: carlos