Manuel María

O máis grande dos poetas da Chaira, o verdadeiro creador da Terra Chá coa súa infraestructura literaria, deixounos dito sobre o capón:

Estes pares de capóns

Son de terra vilalbesa;

Nunca vin outros tan bos

En toda a terra luguesa.

Cébanse moi ben cebados,

Hai que matalos despois.

Cando se ven desplumados,

Teñen un peso de bois.

E sobre a feira, conservamos esta crónica-observación:

Nos días de decembro é fermoso evocar as vellas feiras vilalbesas dos capóns, e atoparse na íntima praza de Santa María cos pares de capóns moi colocados e curiosos, nas súas cestas, nas que contrastaba a albura da palla e o mantel de liño caseiro, co dourado dos capóns.

O frío era sempre moi forte. Había anos que nevaba ou chovía. Outros, a néboa que fumegaba o río Madalena non daba levantado. Entón, a feira tiña un non sei que de pantasmal e de misterioso.

No fondo de nós mesmos, levamos arquivada a música das zocas que graciosamente calzaban as chairegas, e apodérase de nós unha sutil melancolía.

FERIA 2010

  • PC217913.jpg - By: admin