Frases para a lembranza

A revista “A Pravia”, co C.E.I.P. Antonio Insua Bermúdez, de Vilalba, publicou en decembro de 1998 un “Extra Capón”, do que obtemos as seguintes citas sobre o capón, extraídas das intervencións dos respectivos pregoeiros:

 

“Prato típico do Nadal” – Antonio fraguas Fraguas (1980)

“Espléndidos, dourados, grosos, simpáticos e luxuriosos” (Jorge Victor Sueiro (1981)

“Debaixo da caponaxe, está o voto de castidade que a min particularmente me parece unha ordinariez” – Camilo José Cela (1982)

“O capón foi, e segue sendo, moeda apropiada para pagar favores”. – Adolfo de Abel Vilela (1983)

“O capón é un príncipe dos asados na cociña de Occidente. Nos grandes convites dos que se ten memoria, nunca faltaron capóns·”. Ramon Villares Paz (1984).

“O galo é un animal collonudo. Hai que dar a coñecer o capón vilalbés nas mecas europeas da gurmetería”. Francisco Puy Muñoz (1985).

“El e non o can é o mellor amigo do home, leva o sabor da terra; o olor e o sabor de Vilalba comezan a notarse ó levar o capón ó forno”. Antonio D. Olano (1986).

“É curioso que sexa o capón o único animal que recibe o nome derivado da operación que sofre... porque ninguén lle chama capón ó porco que se capa para ser cebado”-. Xulio Xiz Ramil (1987)

“Do ovo da galiña saen máis galiñas, e tamén polos, que poden converterse en galos ou en capóns, supoño que por aquello de que uns nacen estrelados e outros nacen con estrela”. –Joaquín Merino (1988).

“O capón de Vilalba pode ser unha das estrelas da alimentación natural”. David Bayón García (1990).

 

FERIA 2010

  • PC190694.jpg - By: carlos