A feria anual do capón de Vilalba

O por que hoxe é Vilalba e a súa comarca o centro de produción de capóns, podería baserse no especial coidado que na súa selección e cría se aplicou desde sempre, e no cuidado que o Concello, desde hai moitos anos, ven poñendo no control dos capóns e a sùa comercialización.Feira do Capon de Vilalba 2008

 

Porque todos os que merecen ser considerados “Capón de Vilalba” están rigorosamente censados, e os que figuran neste censo que reúnan todas as características necesarias e sexan repetidamente inspeccionados, só eles, poderán entrar no recinto, xa que os restantes non serán considerados oficialmente Capóns de Vilalba.

Na feira, as transaccións son inmediatas. E hai que madrugar para poder comprar ben. Porque o Capón de Vilalba é xa universal. E teñen viaxado a A Habana, Bos Aires, Alemaña, Inglaterra, Bélxica, Francia...Mellor cesta de capos 2008

 

Na actualidade en caixas de madeira, coa digna presencia dun produto senlleiro, pregoando que en Vilalba hai unha feira única no mundo dun producto especial: O capón.

 

Aló van por pares, nas cestas, os bos capós de Vilalba. Os que costaban 12 reais en 1840, 10 pesetas en 1900. 100 en 1947, 8.000 en 1984...E na actualidade, 200€, 300€... Vaia vostede saber como vai estar na próxima feira a cotización do noso mellor producto nadaleiro.

Se se fala do capón, o de máis sona é, sen dúbida, o capón de Vilalba. Que cada 21 de decembro ten feira singular en conservación de tradición de moitos séculos, que a preocupación do seu concello e o tesón das súas xentes soubo potenciar.

FERIA 2010

  • PC217898.jpg - By: admin