Estatutos

ESTATUTOS DA “ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA”

 

 

(Recolle as modificacióms aprobadas na Asamblea Xeral extraordinaria do 2 de febreiro de 2006, inscritas no Rexistro do Ministerio del Interior o 28 de marzo do mesmo ano).

 

 

 

CAPÍTULO I

 

DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO:

 

 

Art.1º.- Coa denominación de ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA constitúese unha Asociación que se acolle ó disposto na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e demais lexislación aplicable, carecendo de ánimo de lucro, e con duración por tempo indefinido.

 

 

Art. 2º.- A existencia desta Asociación ten como fins e actividades a título meramente enunciativo e non limitativo:

 

a.- promover o consumo do capón de Vilalba, así como extender o coñecemento de toda clase de receitas cultinarias ue teñan como materia principal o capón vilalbés.

 

b.- Facilitar ós consumidores do caón de Vilalba todo tipo de información precisa, tanto para a obtención do capón como para a súa preparación e consumo.

 

c.- Aproveitar as excelencias gastronómicas do capón de Vilalba para extender o coñecemento da comarca lucense da Terra Chá e, máis concretamente, da historia, xeografía, flora, fauna e persoeiros da comarca.

 

d.- Xestionar das autoridades competentes a adopción das medidas que se considere han redundar en beneficio dos asociados.

 

e.- Secundar ás autoridades nas iniciativas que poidan convir ós intereses dos socios para o desenvolvemento das problemáticas do capón de Vilalba.

 

f.- Promover e organizar actividades culturais, formativas, científicas e de investigación, facilitando na maior medida que sexa posible cantos medios estean ó seu alcance, coa máxima asistencia moral e material, fomentando e patrocinando a celebración de todo tipo de exposicións, conferencias e eventos gastronómicos que teñan relación co referido caón de Vilalba.

 

g.- Publicar e editar revistas, folletos e por calesquera outros medios electrónicos, informáticos ou de calquera outro tipo, tendentes á máis ampla divulgación das actividades da Asociación e os seus fins.

 

 

Art. 3º.- A Asociación ten o seu domicilio na rúa Alberto Aguoilera, nº 16 (28.015 Madrid), e o seu ámbito de actuación comprende todo o territorio nacional.

 

 

Art. 4º.- A Asociación non terá ningunha actuación de carácter político, que se exclúe expresa e formalmente dos seus fins.

 

 

Art. 5º.- A Asociación terá estreita colaboración con cantas outras de análogos fins existan no territorio nacional e/ou no extranxeiro, podendo acoller no seu seo calquera outra asociación ou grupo de interesados no capón de Vilalba.

 

 

CAPÍTULO II

 

DO GOBERNO DA ASOCIACIÓN

 

 

Art. 6º.- A Asociación será dirixida e administrada pola Asemblea Xeral, o órgano de representación e o Presidente.

 

O Presidente da Asociación asume a representación legal da messma e executará os acordos adoptados polo órgano de representación e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren unha e outra.

 

 

Art. 7º.- O órgano de representación ou Xunta Directiva, estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro. Todos os cargos que compoñen o órgano de representación serán gratuitos, serán designados pola Asamblea Xeral Extraordinaria, e o seu mandato terá unha duración de dous anos aínda que poden ser reelixidos indefinidamente.

 

Só poderán ser membros do órgano de representación ou Xunta Directiva, os asociados que sexan maiores de idade, estean en pleno uso dos seus dereitos civís, e non estean incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

 

O órgano de representación reunirase cantas veces o determine o seu Presidente e a iniciativa ou petición dun tercio dos seus membros. Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros, e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por mayoría de votos. No caso de empate, o do Presidente será de calidade ou dirimente.

 

Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo vicepresidente ou o secretario, por esta orde e, a falta de ambos os dous, polo membro da Xunta que teña máis idade.

 

Das sesións que se celebren, o secretario levantará acta, que se transcribirá no libro de actas.

 

 

Art. 8º.- Son facultades do órgano de representación ou Xunta Directiva:

 

a.- Todos os actos propios das finalidades da Asociación sempre que non requira, conforme ós Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.

 

b.- Xestionar e representar os intereses da asociación, seguindo as disposicións e directivas da Asemblea Xeral.

 

c.- Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económimca e administrativa da asociación acordando realizar os oportunos contratos e actos.

 

d.- Executar os acordos da Asemblea Xeral.

 

e.- Elaborar, redactar e someter á aprobación da Asemblea Xeral os Presupostos anuais e estado de contas.

 

F.- Elaborar o Regulamento de réxime interior que será aprobado pola Asemblea Xeral.

 

g.- Resolver sobre a admisión de novos asociados.

 

h.- Nomear delegados para algunha determinada actividade da asociación.

 

i.- Organizar e desenvolver as actividades sociais.

 

j.- Proponer á Xunta Xeral o nomeamento dos Socios de Honra, así como a baixa e/ou expulsión de todo tipo de socios.

 

k.- Interpregtar os presentes estatutos e os Regulamentos que para o seu desenvolvemento se dicten.

 

l.- Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de Socios.

 

 

Art. 9º.- O Presidente terá as seguintes atribucións:

 

a.- Representar legal e eficazmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos e privados.

 

b.- Convocar, presidir e levantar as sesións que celebren a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como presidir e dirixir as deliberacións dunha e doutra.

 

c.- Ordenar pagos así como autorizar coa súa firma os documentos, actas, certificacións e correspondencia.

 

d.- Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación axonselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulta necesaria ou conveniente, sen perxuizo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva, e calesquera outra necesaria para o bo fin da Asociación.

 

 

Art. 10º.- O Vicepresidente sustituirá e axudará ó Presidente en ausencia deste motivada por enfermidade, vacante ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións ca el, ou exercendo as atribucións que específicamente lle delegue.

 

 

Art. 11º.- O Secretario terá as seguintes facultades:

 

a.- Dirixir os traballos puramente administrativos e que conduzan ó bo funcionamento da Asociación.

 

b.- Expedir certificacións, custodiará e levará os Libros de Actas, libro Rexistro de Asociados, o selo e os ficheiros.

 

c.- Custodiar a documentación da entidade, facendo que se cursen á Autoridade as comunicacións sobre: designación de Xuntas Directivas, celebración de Asembleas e aprobación dos presupostos e estado de contas.

 

d.- Recibir e tramitar as solicitudes de ingreso.

 

 

Art. 12º.- O Tesoureiro terá como misións específicas:

 

a.- Recaudar e custodiar os fondos pertencentes á Asociación.

 

b.- Dar cumprimento ás ordes de pago que expida o Presidente.

 

c.- Custodiaar os valores e fondos da Asociación.

 

d.- Intervención, coa súa firma, de todos os documentos de pago e cobro da Asociación.

 

e.- Ordenación do cobro de cuotas.

 

f.- Formalizar o pressuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior que deben ser presentados á Xunta Directiva para que esta, á súa vez, as someta á aprobación da Asemblea Xeral.

 

 

g.- Caantas xestións sexan precisas para a actividade económico-financieiraa que é da súa competencia e, en xeral, dirixir a contabilidade.

 

 

Art. 13º.- Os Vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta lles encomende, colaborando cos restantes cargos da Xunta no desempeño das súas correspondentes misións.

 

 

Art. 14º.- As vacantes que se pudieran producir durante o mandato de calquera membro da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre estes membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral Extraordinaria. Todos os cargos do órgano de representación serán completamente gratuitos.

 

 

Art. 15º.- As Comisións especiais serán os órganos encargados da Asociación que, con carácter permanente, terán ó seu cargo unha detrminada actividade social, tamén poderán ser constituidas cando a Xunta Directiva o estime necesario para estudiar ou solucionar problemas concretos que poidan plantearse. A Presidencia destas Comisións Especiales recaerá nun membro da Xunta Directiva, e estarán integradas polo número de asociados que esta sinale en cada caso, que serán nomeados por aqueles que libremente sinale..

 

 

CAPÍTULO III

 

ASEMBLEA XERAL

 

 

Art. 16º.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo da Asociación e estará composta por todos os socios.

 

 

Art. 7º.- As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercizo; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuizo do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde, ou cando o órgano de representación a convoque por así telo solicitado un número de asociados non inferior ó dez por cento.

 

 

Art. 18º.- as convocatorias das Asembleas Xerais serán ordinarias e extraordinarias, efectuaranse por escrito, expresando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea haberán de mediar alomenos quince días, podendo asimesmo facerse constar, se procedese, a data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a unha hora.

 

 

Art. 19º.- As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas cando concurran a ela, presentes ou representados, un tercio dos asociados con dereito a voto, e o seu prsidente e o seu secretgario erán designados ó comezo da reunión; en segunda convocatoria quedará validamente constituida calquera que sexa o número de asociados con dereito a voto.

 

Os acordos tomaranse por mayoría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos. Non obstante, requerirán mayoría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación dos Estatutos, disposición ou enaxenación de bens, remuneración dos membros do órgano de administración, nomeamento das Xuntas directivas e administradores, e o acordo para constituir unha Federación de asociacións ou integrarse nelas.

 

Así mesmo, a modificación dos Estatutos que afecte ó contido previsto no art. 7 da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, requirirá acordo adoptado pola Asemblea Xeral convocada específicamente con tal obxecto, deberá ser obxecto de inscrición no prazo dun mes e só producirá efectos, tanto para os asociados como para terceiros, desde que teña procedido á súa inscrición no Rexistro de Asociacións correspondente, rexindo para a mesma o sentido do silencio positivo previsto no art. 30.1 da indicada Lei.

 

As restantes modificacións producirán efectos para os asociados desde o momento da súa adopción con arreglo ós procedementos estatutarios, mentras que para os terceiros será necesaria, ademais, a inscrición no rexistro correspondente.

 

A inscrición das modificacións estatutarias suxetarase ós mesmos requisitos que a inscrición dos Estatutos.

 

 

Art. 20º.- Son facultades da Asemblea Xeral:

 

a.- Aprobar, no seu caso, a xestión da Xunta Directiva.

 

b.- Examinar e aprobar o Estado de Contas.

 

c.- Aprobar ou rexeitar as propostas da Xunta Directiva en orde ás actividades da Asociación.

 

d.- Fixar as cuotas ordinarias ou extraordinarias.

 

e.- Calquera outra que non sexa da competencia da Asemblea Extraordinaria.

 

f- Nomeamento dos membros da Xunta Directiva.

 

g.- Modificación de Estatutos.

 

h.- Disolución da Asociación.

 

i.- Disposición e enaxenación de bens.

 

j.- Constitución de Federacións ou integración nelas.

 

k.- Solicitude de declaración de utilidade pública.

 

l.- Expulsión de socios a proposta da Xunta Directiva.

 

 

CAPÍTULO IV

 

SOCIOS

 

 

Art. 21º.- Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas, sempre que sexan maiores de idade, con capacidade de obrar e non estean suxeitas a ningunha condición legal para o exercizo do dereito; así mesmo que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación e sexan admitidas pola Xunta Directiva.

 

Os que desexen pertencer á Asociación solicitarano por escrito ó Presidente, quen dará conta ó órgano de representación, ou Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do socio.

 

A separación será acordada apola Asemblea Xeral e será precedida de expediente no que deberá ser oído o interesado.

 

 

Art. 22º.- Os socios cajusarán baixa por algunha das causas seguintes:

 

a.- Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva, pero esto non os eximirá de satisfacer as obrigas que teñan pendientes para con aquela.

 

b.- Por incumprimento das súas obrigas económicas, se deixara de satisfacer tres cuotas periódicas ou máis.

 

c.- Por conducta incorrecta, por desprestixiar á Asociación con feitos ou palabras que perturben gravemente os actos organizados por esta e a normal convivencia entre os asociados.

 

 

Art. 23º.- Os socios terán os seguintes dereitos:

 

a.- Separarse voluntariamente da Asociación en calquera tempo.

 

b.- Participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación, a exercer o dereito de voto, así como a asistir á Asemblea Xeral de acordo cos Estatutos.

 

c.- Ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

 

d.- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra él e a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

 

e.- Impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou aos Estatutos.

 

f.- Disfrutar de todas as vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter.

 

g.- Participar nas Asembleas Xerais con voz e voto.

 

h.- Ser electores e elexibles para os cargos directivos.

 

i.- Recibir información sobre os acorfdos adoptados polos órganos da Asociación.

 

j.- Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.

 

 

Art. 24º.- Os socios terán as seguintes obrigas:

 

a.- Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.

 

b.- Pagar as cuotas, derramas e outras aportacións que, con arreglo ós Estatutos, poidan corresponder a cada socio.

 

c.- Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e órgano de representación.

 

d.- Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ó cargo que ocupen.

 

e.- Contribuir co seu comportamento ó bo nome e prestixio da Asociación.

 

 

Art. 25º.- Clases de socios.

 

 

Os socios dividiranse en:

 

*

 

Socios de honra ou cofrades maiores. Para adquirir este grao ou condición de socio será necesario que se adopte acordo maioritario en tal sentido pola Xunta Directiva; este grao dará dereito ó socio a ostentar, nos distintos eventos e reunións que celebre a Asociación, unha banda ou faxín de cor amarelo, xalde ou cobrizo, así como, no seu caso, unha medalla na que no interior figurará unha imaxe do capón vilalbés.

*

 

Socios ordinarios ou cofrades menores; esta condición ostentaraa calquera outro socio que non o sexa de honra, e outorgará dereito a exhibir unha banda de cor naranxa ou bergamota.

 

 

Todos os socios terán os mesmos dereitos e obrigas, coa única excepción de que os socios de honra, polo seu maior rango, poderán esixir que, nos eventos gastronómicos, sexan os primeiros en ser servidos e que o cónclave alimenticio sexa iniciado por eles.

 

 

CAPÍTULO V

 

RECURSOS ECONÓMICOS

 

 

Art. 26º.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:

 

a.- Cuotas de entrada, periódicas ou extraordinarias que acorde o órgano de representación.

 

b.- Subvencións, legados ou herdanzas que pudiera percibir de forma legal, por parte dos asociados ou de terceiras persoas.

 

c.- Produtos de bens e dereitos que lle correspondan.

 

d.- Calquera outro recurso lícito.

 

 

Art. 27º.- Non se fixa límite algún ó presuposto anual. A Asociación dispoñerá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financieira da Asociación, así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recllerá nun libro as actas das reunións dos seus órganos de goberno e representación, sendo a data de peche de cada exercicio o 31 de decembro do ano correspondente. Así mesmo, levará a súa contabilidade conforme ás normas específicas que lles resulten de aplicación.

 

 

CAPÍTULO VI

 

DISOLUCIÓN

 

 

Art. 28º.- A Asociación disolverase polas causas previstas nos Estatutos e, no seu defecto, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral convocada ó efecto, así como polas causas determinadas no art. 39 do Código Civil.

 

En todos os supotos de liquidación deberá darse ó patrimonio o destino previsto nos Estatutos.

 

 

Art. 29º.- A disolución da Asociación abre o período de liquidación ata o fin do que a entidade conservará a súa personalidade xurídica. Os membros do órgano de representación no momento da disolución convertiranse en liquidadores agás que a Asamblea Xeral designe a outros liquidadores, ou ben sexan designados polo Xuiz que acorde a disolución.

 

No caso de insolvencia da Asociación, o órgano de representación ou, se é o caso, os liquidadores, han promover inmediatamente o oportuno procedemento concursal diante do xuiz competente.

 

 

Art. 30º.- Corresponde ós liquidadores:

 

a.- Velar pola integridade do patrimonio da Asociación.

 

b.- Concluir as operacións pendientes e efectuar as novas, que sexan precisas para a liquidación.

 

c.- Cobrar os creditos da asociación.

 

d.- Liquidar o patrimonio e pagar ós acreedores.

 

e.- Aplicar os bens sobrantes da asociación ós fins previstos poos Estatutos.

 

f.- Solicitar a cancelación dos asentos do rexistro.

 

g.- Calquera outra facultade non prohibida pola Lei nin os Estatutos.

 

 

Os liquidadores, unha vez extinguidas as débedas, e se existise sobrante líquido, destinarano para fins benéficos.

 

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos, aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e demais lexislación aplicable.

 

 

En Madrid, a 3 de xuño de 2005.

 

 

VºBº, PRESIDENTE: Fdo.- Domingo Goás Chao

 

SECRETARIO: Fdo.- Julio Rico Esteban

 

TESORERO: Fdo.- Pia Fischer Filliger

 

 

 

Practicada a inscrición correspondente á entidadeASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA, inscrita no grupo 1, sección 1, número nacional 585793, a documentación foi depositada no Rexgistro Nacional de Asociacións.

 

Madrid, 5-8-2005.

 

 

O Xefe da área de Asociacións,

 

Carlos Martínez Esteban.

 

 

 

 

ACTA FUNDACIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA

 

 

Reunidos en Madrid o día tres de xuño de 2005, ás 12,00 horas, as persoas que a continuación se detallan:

 

DON DOMINGO GOÁS CHAO.

DON JULIO RICO ESTEBAN.

DOÑA PIA FISCHER FILLIGER.

DON DANIEL GOÁS FILLIGER.

DON ALBERTO GOÁS FILLIGER.

DON ANTONIO FUERTES BELLO.

DON MARIANO MARTÍNEZ ALCALDE.

 

Acordan:

 

1º.- Constituir unha Asociación ó amparo da vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, que se denominará ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA.

 

2º.- Aprobar os Estatutos que van rexer a entidade, que foron lidos neste mesmo acto e aprobados por unanimidade dos reunidos.

 

3º.- Nomear unha Xunta Directiva Provisional formada por:

 

 

Presidente.- D. DOMINGO GOÁS CHAO

 

Vicepresidente.- D. ANTONIO FUERTES BELLO

 

Tesoureiro.- Dª PÍA FISCHER FILLIGER

 

Secretario.- D. JULIO RICO ESTEBAN

 

Vocais:

 

D. DANIEL GOÁS FILLIGER

 

D. ALBERTO GOÁS FILLIGER

 

D. MARIANO MARTÍNEZ ALCALDE

 

 

4º.- Designar a D. Julio Rico Esteban para realizar os trámites e formalidades conducentes á inscrición da Asociación no Rexistro correspondente.

 

 

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 13,00 h. do día da data.

 

 

FDO.- D.DOMINGO GOÁS CHAO

FDO.- D. JULIO RICO ESTEBAN

FDO.- DªPÍA FISCHER FILLIGER

FDO.- D.DANIEL GOÁS FILLIGER

FDO.- D.ALBERTO GOÁS FILLIGER

FDO.- D.ANTONIO FUERTES BELLO

FDO.- D. MARIANO MARTÍNEZ ALCALDE

FERIA 2010

  • PC217834.jpg - By: carlos