Álvaro Cunqueiro

Falo dos de Vilalba, dos capóns das aldeas veciñas e da Terra Chá e ata a terra de Pallares e a de Melide e a Terra de Miranda.

Pero os que agora están na boca das xentes son os de Xermade ou Noche, de San Xoán de Alba ou Guitiriz, que se xuntan cada ano na feira capoeira de Vilalba, ben erguidos nas súas cestas, sobre brancos manteis, coa ensunlla cravada con seis pauiños de bidueira no mesmo bispiño

Eu vou tódolos anos de Deus a Vilalba, onde a torre dos príncipes de Andrade, á feira dos capóns... Trato como poido, axudado ás veces por expertos e grandes regateadores coma o vello Chao, que groria haxa, e merco os pares que hei mester, que teño foros que pagar a amigos de Barcelona, de Madrid, de Pamplona, de Vigo...”.

FERIA 2010

  • PC217918.jpg - By: admin