Salutación do Presidente

Amigos:

En Vilalba (Lugo), por Nadal, temos un manxar –o capón- con prestixio secular, cuia cría mantense con arreglo á máis pura tradición, e as receitas para a súa preparación son transmitidas coma os mellores tesouros familiares.

A COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA ten como base do seu ideario a dignificación, pontenciación e difusión deste capón, “urbi et orbi”, para que siga constituíndo un símbolo da nosa artesanía gastronómica á vez que unha importante fonte de ingresos para o rural vilalbés.

A Cofradía promove en diversos puntos de Galicia e Madrid, principalmente, degustacións gratuítas do capón vilalbés, preparadas polos mellores cociñeiros, con arreglo a técnicas tradicionais ou procesos culinarios innovadores, que amosan as excelencias e posibilidades gastronómicas deste produto singular.

A todos invitamos a coñecer mellor a realidade e historia do capón vilalbés, agardando que esta páxina contribúa á súa divulgación e exaltación.

 

O Presidente

FERIA 2010

  • PC217871.jpg - By: admin